Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 6 de abril de 2015 Páx. 12997

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Capela (expediente IN407A 2014/99-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Nº de expediente: IN407A 2014/99-1.

Solicitante: Electra de Cabalar, S.L.

Domicilio social: Arnoso, 1, 15613 A Capela (A Coruña).

Denominación: LMTA-S, CST e LBTA-S Formariz.

Situación: Concello da Capela.

Características técnicas:

Tramo de liña soterrada de media tensión de interconexión entre a liña de media tensión aérea Barreiro-Goente (expediente 51.179) no apoio existente tipo HV-11.600/13 e o CS e T. Formariz, dobre circuíto, con condutores unipolares de aluminio e illamento seco tipo RHZ1-20L-12/20 kV-3 (1×150 Al), de 2×25 metros de lonxitude.

Centro de seccionamento e transformación Formariz. Edificio prefabricado de formigón, incluíndo dúas celas de liña e unha de protección mediante fusibles para un trazo de 100 kVA, todas con illamento SF6.

Desmontaxe do transformador existente de 50 kVA (expediente 51.440) no apoio existente tipo HV-1.600/13 en que se instalarán os pasos aerosubterráneos.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54) esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña