Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 6 de abril de 2015 Páx. 13009

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 19 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente de reintegro da subvención concedida no procedemento TR301K, co número de expediente de xestión 2010/204-1 e dous máis.

Intentada a notificación da citada resolución, segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á entidade beneficiaria o contido do acordo que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

A resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto no artigo 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida Salvador de Madariaga, nº 9-1º, 15008 A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 19 de marzo de 2015

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento: TR301K.

Núm. de expediente de xestión: 2010/204-1

Nome ou razón social: Gecreri, S.L.

CIF/NIF: B15129612.

Último enderezo coñecido: rúa Juan Flórez, 36 int. 2º planta, 15004 A Coruña.

Tipo de axuda: Orde do 28 de decembro de 2009 pola que se establece a convocatoria pública para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio de 2010 (DOG núm. 253, do 30 de decembro).

Contido: resolución do expediente de reintegro.

Data do acordo: 5.3.2015.

Procedemento: TR301K.

Números dos expediente de xestión: 2010/024-1 e 2010/205-1.

Nome ou razón social: Fundefo.

CIF/NIF: G15859689.

Último enderezo coñecido: praza de Recife, 5-3º B, 15004 A Coruña.

Tipo de axuda: Orde do 28 de decembro de 2009 pola que se establece a convocatoria pública para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio de 2010 (DOG núm. 253, do 30 de decembro).

Contido: resolución do expediente de reintegro.

Data do acordo: 5.3.2015.