Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 6 de abril de 2015 Páx. 13105

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 27 de febreiro de 2015, da Xerencia Executiva de Monforte de Lemos, pola que se lles notifican ás persoas relacionadas os prazos de ingreso, en período voluntario e en período executivo, polos servizos sanitarios prestados.

Mediante esta cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a seguir se insire non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que alegaron distintos motivos para non recibir as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria ES69 0081 5363 2000 0108 2918 do Banco Sabadell, nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Unha vez transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderase interpor no prazo dun mes, contado desde o día seguinte a esta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).

Para que conste, sirva de notificación aos interesados e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

Monforte de Lemos, 27 de febreiro de 2015

Antonio Acevedo Prado
Xerente executivo de Monforte de Lemos

anexo

Suxeito pasivo

DNI/NIF

Concepto

Período

Débeda

López Rodríguez, Luis Javier

033322400T

Fra. 201100567

18.11.2011

340,46

Ríos Azevedo, Lorenzo Miguel

431783702

Fra. 201200691

27.11.2012

140,08

Rodríguez Raposo, Pilar

036571483B

Fra. 201300553

6.6.2013

429,35

Montes Montes, Jorge Luis

Fra. 201450749

22.10.2014

361,59

Dosio López, Dolores

034120354S

Fra. 201450794

13.11.2014

399,94