Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 6 de abril de 2015 Páx. 13052

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 24 de marzo de 2015, da Delegación de Vigo, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia (Cuevas Fernández, M. Victoria e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e non sendo posible practicar a notificación dos procedementos que se relacionan no anexo por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, por este anuncio emprázanse os interesados sinalados no anexo para seren notificados por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que se indican.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Delegación de Vigo da Axencia Tributaria de Galicia, con enderezo na rúa Concepción Arenal, nº 8, 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 24 de marzo de 2015

José Miguel Rey Lama
Delegado de Vigo

ANEXO

Interesado

Órgano tramitador

Procedemento

NIF/CIF

Nome

36114230K

Cuevas Fernández, M. Victoria

Unidade de Inspección

Inicio de actuacións inspectoras de comprobación e investigación e trámite de audiencia

Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados

Exercicio: 2011

Expte.: INS/2015/54/000/005

11395179J

Piñeiro García, Elena Elvira

Departamento de Xestión Tributaria

Liquidación

Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados

Expte.: T 16374/2013

Doc.: 504140003010

53182096R

Villar Castro, Ana Belén

Departamento de Xestión Tributaria

Liquidación

Imposto sobre sucesións e doazóns

Expte.: S 417/2012

Doc.: 650725359933