En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
d) Data de publicación no perfil do contratante: 7 de xaneiro de 2015.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizo.
b) Descrición: transporte e seguro cravo a cravo das pezas da exposición San Francisco e o seu tempo que se celebrará no Pazo de Xelmírez en Santiago de Compostela.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: anticipada.
b) Procedemento: aberto con pluralidade de criterios.
4. Orzamento base de licitación: 98.450,00 euros, IVE excluído.
5. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 6 de marzo de 2015.
b) Data de formalización do contrato: 16 de marzo de 2015.
c) Adxudicataria: Severiano Servicio Móvil, S.A.
d) Importe de adxudicación: 94.825,00 euros, IVE excluído.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2015
Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia