Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 8 de abril de 2015 Páx. 13347

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, pola que se ordena a publicación do acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 9/2014, do 9 de maio, xeral de telecomunicacións.

Consonte o establecido no artigo 33 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, esta dirección xeral dispón a publicación do acordo que figura como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2015

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

ANEXO
Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral
do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 9/2014,
do 9 de maio, xeral de telecomunicacións

A Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, na súa reunión do día 2 de febreiro, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. De conformidade coas negociacións previas mantidas polo grupo de traballo constituído en cumprimento do previsto no acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, do 17 de xullo de 2014, para o estudo e a proposta de solución das discrepancias competenciais manifestadas en relación cos artigos 5, 10.2, 29.3, 32, 34, 35, 36, coa disposición adicional décimo cuarta, coas disposicións transitorias sétima, novena e décimo segunda e coa disposición derradeira novena da Lei 9/2014, do 9 de maio, xeral de telecomunicacións, considéranse liquidadas as ditas discrepancias de conformidade cos seguintes compromisos:

a) A regulación das telecomunicacións e a determinación do réxime xurídico das telecomunicacións que leva a cabo a Lei 9/2014, do 9 de maio, xeral de telecomunicacións, en especial, no relativo ao despregamento das redes e á instalación de infraestruturas de telecomunicacións, enténdese sen prexuízo e con pleno respecto ás competencias constitucional e estatutariamente recoñecidas ás comunidades autónomas en materia de ordenación do territorio, urbanismo ou ambiente, entre outras.

b) A Administración xeral do Estado e as comunidades autónomas aplicarán con lealdade e a coordinación debida os instrumentos de colaboración normativos e de relacións interadministrativas deseñados pola Lei 9/2014, do 9 de maio, xeral de telecomunicacións, de forma que se facilite e fomente o despregamento das redes e a instalación de infraestruturas de telecomunicacións a partir do mutuo respecto da respectiva esfera competencial.

c) A Administración xeral do Estado comprométese a que no desenvolvemento regulamentario da Lei 9/2014, do 9 de maio, xeral de telecomunicacións, se deseñen instrumentos de colaboración adicionais dirixidos a reforzar a imbricación de competencias entre a Administración xeral do Estado e as comunidades autónomas e a afondar na negociación de solucións que, con pleno respecto competencial, impulsen e fomenten o despregamento das redes e a instalación de infraestruturas de telecomunicacións.

Segundo. Comunicar este acordo ao Tribunal Constitucional para os efectos previstos no artigo 33.2 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, así como inserir o presente acordo no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Madrid, 2 de febreiro de 2015

Cristóbal Montoro Romero
Ministro de Facenda e Administracións Públicas

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza