Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 8 de abril de 2015 Páx. 13454

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 306/2014).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 306/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Vilariño Domínguez contra Studios Middelburg, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía a María del Carmen Vilariño Domínguez con Studios Middelburg, S.L. e condeno a Studios Middelburg, S.L. a aboar a María del Carmen Vilariño Domínguez a suma de 1.422,30 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral e a suma de 9.775,08 euros en concepto de salarios de tramitación acumulados desde a data de efectividade do despedimento ata a presente resolución».

E para que sirva de notificación en legal forma a Studios Middelburg, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2015

A secretaria xudicial