Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 8 de abril de 2015 Páx. 13531

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 19 de febreiro de 2015, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de aprobación inicial da modificación puntual número 11 do Plan xeral de ordenación municipal no ámbito do Plan especial de reforma interior IV-01 San Roque, en execución das sentenzas 788/2012 e 259/2013 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (expediente 14410/411).

O Pleno do Concello de Vigo, na sesión ordinaria do día 9 de febreiro de 2015, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación puntual nº 11 do PXOM de Vigo, no ámbito do PERI IV-01 San Roque, en execución das sentenzas 259/2013 e 788/2012 do TSXG V.1, formulada polos servizos técnico-xurídicos da Xerencia Municipal de Urbanismo en novembro de 2014, en cumprimento da resolución da Vicepresidencia da Xerencia Municipal de Urbanismo do día 25 de decembro de 2013.

Segundo. Abrir un trámite de información pública durante un prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no DOG e en dous dos xornais de maior difusión da provincia. Simultaneamente e durante o mesmo prazo darase audiencia aos concellos limítrofes.

Terceiro. Para os efectos do artigo 77.2 da Louga, determinar expresamente que o ámbito afectado pola suspensión de licenzas correspóndese co comprendido entre os seguintes límites: norte, rúa Pizarro (entre os números 16 ao 26) e rúa Colombia (entre o 2 e o 22); sur, rúa Couto de San Honorato (entre os números 1 ao 99, agás os números 11 ao 13); leste, rúa Couto Piñeiro (entre o 10 e o 32), e oeste, rúa Vázquez Varela (entre o 45 e o 61, agás os números 49, 55 e 57), e reflíctese no plano de delimitación que figura na memoria desta modificación puntual, ben que poderán concederse aquelas licenzas baseadas no réxime vixente que respecten as determinacións do novo planeamento, en atención ao disposto no artigo 120.1 do RPU.

Cuarto. Ordenar a publicación do presente acordo, así como da documentación técnica conformante da modificación puntual inicialmente aprobada, na web do Concello de Vigo.

Quinto. Dar traslado do presente acordo á Asesoría Xurídica para o seu coñecemento e efectos oportunos.

O expediente atoparase á disposición do público en xeral durante o período de exposición pública, na páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org), así como no Departamento Municipal de Información da Xerencia de Urbanismo (sito na planta baixa do edificio da Xerencia de Urbanismo, praza do Rei, s/n), de luns a venres, das 9.00 ás 13.30 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións consideren convenientes.

Vigo, 19 de febreiro de 2015

P.D. (Resolución do 8.2.2013)
María del Carmen Silva Rego
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo

ANEXO

missing image file