De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22242
2. Obxecto do contrato.
Tipo: obras.
Descrición: reparación para a posta en funcionamento da casa reitoral de Santo André de Campo Redondo, en Ribadavia (Ourense), como Museo do Viño de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.
Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: negociado sen publicidade.
3. Orzamento base de licitación: 110.383,36 € IVE excluído.
4. Formalización do contrato.
a) Data da adxudicación: 16 de marzo de 2015.
b) Data da formalización do contrato: 23 de marzo de 2015.
c) Contratista: Augasmestas Inversións do Rural, S.L.
d) Importe de adxudicación: 102.449,47 €, IVE excluído.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.
Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2015
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria