Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 13 de abril de 2015 Páx. 14012

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 48/2015, do 1 de abril, polo que se dispón o nomeamento dun membro do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste, e de acordo coa proposta efectuada pola Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña o 29 de decembro de 2014,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear membro titular do Consello Económico e Social de Galicia a Manuel Daniel Formoso Moledo, en representación de Confrarías de Pescadores de Galicia (baixura).

Santiago de Compostela, un de abril de dous mil quince

Alberto Núñez Feijóo
Presidente