Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 13 de abril de 2015 Páx. 14063

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 7 de abril de 2015 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de topógrafos.

Unha vez convocado o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de topógrafos/as pola Orde da Consellería de Facenda do 9 de maio de 2014, publicada no Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de topógrafos/as coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2015

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO
Corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2,
escala de topógrafos/as

Tribunal titular:

Presidencia:

– Ramón Luis de la Sota Crespi, funcionario do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de topógrafos/as.

Secretaría:

– Paula Oliete Trillo, funcionaria do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia.

Vogais:

– Raimundo Elisardo Castaño Bascoy, funcionario do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros/as técnicos/as agrícolas.

– Alberto Acevedo López, funcionario do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de topógrafos/as.

– Ángel Luis Araújo González, funcionario do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Francisco José Delgado Blanco, funcionario do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de topógrafos/as.

Secretaría:

– Sofía Vales Fernández, funcionaria do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia.

Vogais:

– Francisco José Tomico Santos, funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros/as agrónomos/as.

– María Pilar de la Cruz López, profesora titular da área de coñecemento de enxeñería da construción da Universidade da Coruña.

– Laura María González-Dopeso Portela, funcionaria do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.