Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 13 de abril de 2015 Páx. 14117

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 13 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións por axudas para a promoción do emprego (expediente TR349A 2014/40-5 e dous máis).

Intentada a notificación das resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comenzará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, situadas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, 36201 Vigo (Pontevedra), e a obteren unha copia desta resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Vigo, 13 de marzo de 2015

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: TR349A 2014/40-5.

DNI/NIF/CIF: 74192560B.

Nome ou razón social: Jesús Víctor Adsuar Fernández.

Último enderezo coñecido: rúa Nova, 31, 36001 Pontevedra.

Tipo de axuda: axuda á contratación indefinida inicial.

Contido da resolución: declarar a desistencia da súa solicitude.

Data da resolución: 12.11.2014.

Nº de expediente: TR349A 2014/446-5.

DNI/NIF/CIF: B36555225.

Nome ou razón social: Logística Transrubinogui, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa América, 21 BJ-D, 36196 Monte Porreiro (Pontevedra).

Tipo de axuda: axuda á contratación indefinida inicial.

Contido da resolución: declarar a denegación da súa solicitude.

Data da resolución: 19.11.2014.

Nº de expediente: TR349C 2014/178-5.

DNI/NIF/CIF: 36074873V.

Nome ou razón social: Margarita Rey Fernández.

Último enderezo coñecido: rúa Romil, 22-3º E, 36202 Vigo (Pontevedra).

Tipo de axuda: transformación de contratos temporais en indefinidos.

Contido da resolución: declarar a desistencia da súa solicitude.

Data da resolución: 23.12.2014.