O Concello Pleno, en sesión ordinaria do 26 de febreiro de 2015, acordou, entre outros, o seguinte, facendo constar que con esta mesma data se remitiu a documentación establecida no artigo 92 da Lei 9/2002, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas:
– Aprobar definitivamente o documento denominado Plan parcial sector SUD-2 Xentiña, en Maianca-Serantes. Doc. refundido do 2.2.2015 nº 1101, cos seguintes parámetros:
Parámetros |
Plan parcial |
Superficie sector |
52.204,84 m2 |
Superficie excluída sistemas xerais viarios existentes |
51.669,64 m2 |
Densidade de referencia |
208 viv, 40 viv/ha |
Edificabilidade bruta |
25.522,08 m2 0.493947 m2/m2 |
Alturas |
Colectiva en B + 2 |
Unifamiliar en B + 1 |
|
Variante de Mera |
3.784 m2 |
DEP 49 (deportivo Dexo) |
12.546,51 m2 |
Coa redución da porcentaxe de reserva de vivenda protexida, aprobada no Pleno de 9.7.2014, a repartición de usos queda:
Uso |
m2 aproveitamento |
Vivenda colectiva de protección |
3.054,99 m2 |
Vivenda colectiva libre |
7.153,84 m2 |
Vivenda unifamiliar |
15.313,25 m2 |
Totais |
25.522,08 m2 |
Reservas de sistemas locais:
Espazos libres públicos, parques, xardíns...: 5.260,46 m2; equipamento comunitario: 2.565,75 m2 e aparcadoiros: 510 total prazas e 166 en vía pública, máis 50 prazas en aparcadoiro estacional.
– Arquivar o documento nº 16886, do 12.12.2013, ao quedar substituído polo que se aproba.
Recursos. O Plan parcial é unha disposición xeral, polo que contra el poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta disposición.
Oleiros, 12 de marzo de 2015
Ángel García Seoane
Alcalde presidente