Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Concello da Gudiña.
Domicilio social: Beato Sebastián Aparicio, 76-1º, 32540 A Gudiña.
Denominación: LMT, CT e RBT bombeo auga Mesón de Herosa.
Situación: A Gudiña.
Características técnicas:
LMT aérea a 20 kV de 936 m con condutor LA 56/54,6 mm2 Al con orixe na LMT a Pentes, apoio derivación ao CT Inver e remate no CT proxectado intemperie bombeo Mesón de Herosa de 50 kVA e R/T 20.000/400-230 V.
RBT subterránea a 20 kV de 15 m, con condutor RV derivada do CT proxectado.
Orzamento: 79.088,20 euros.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, na rúa Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte (20) días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Ourense, 12 de marzo de 2015
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense