Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 14 de abril de 2015 Páx. 14298

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, da contratación do servizo de limpeza dos centros educativos dependentes da consellería (6 lotes), contratación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Subdirección Xeral de Centros. Servizo de Centros.

c) Número de expediente: ED-01/2015-DXCRH.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza integral das instalacións educativas dos centros educativos especificados en cada lote.

c) División por lotes e número de lotes: si, 6 lotes.

d) Lugar de execución: nos centros educativos especificados en cada lote.

e) Prazo de execución: dous anos, desde o 1 de setembro de 2015 ata o 31 de agosto de 2017.

f) Clasificación: grupo U, subgrupo 1. A categoría da clasificación establecerase en función da suma dos orzamentos de licitación dos lotes a que concorran os licitadores.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación.

Prezo: o importe neto do contrato é de 2.658.885,19 €, máis 558.365,89 €, en concepto de IVE, resultando unha cantidade total de 3.217.251,08 €. A distribución por lotes é a que se indica no punto 2.2.1 do prego das cláusulas administrativas particulares.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 54 65 18.

d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos, así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22276

7. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: o prazo de presentación das proposicións finalizará o día 4 de maio de 2015.

b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación:

1ª) Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, en calquera dos seus rexistros auxiliares ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data e a hora de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, telegrama ou fax (núm. fax: 981 54 65 42) nese mesmo día.

2ª) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3ª) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: a apertura das proposicións efectuarase o décimo día hábil ás 10.00 horas, contado desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentación das proposicións, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos do anuncio: o importe dos anuncios será por conta do/dos adxudicatario/os.

10. Data de envío deste anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 7 de abril de 2015.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2015

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria