Mediante escritura pública notarial, outorgada ante a notaria María Paloma Ruiz Ruipérez, a Congregación de la Misión Padres Paúles cede a titularidade do centro privado San Narciso, do concello de Marín, a favor de Omnia Innovación y Gestión Educativa, S.L.
De conformidade coa solicitude de cambio de titularidade formulada, e logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Primeiro. Autorizar o cambio de titularidade do centro privado San Narciso, de Marín, código 36004526, a favor de Omnia Innovación y Gestión Educativa, S.L.
O cambio de titularidade non afectará o réxime de funcionamento do centro.
Segundo. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Terceiro. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2015
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria