Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 15 de abril de 2015 Páx. 14562

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 31 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Xefatura Territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sito na rúa Fernández Ladreda, Edificio Administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 horas ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 31 de marzo de 2015

Miguel Ángel Pérez Dubois
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: INC-PO-0019/2015-IUL.

Denunciado: José Seves Martínez.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: INC-PO-0165/2014-VNA.

Denunciado: José Antonio Villar Millán.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0172/2014-VNA.

Denunciado: Emilio Barros García.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0189/2014-BIO.

Denunciado: Andrés Muñiz Caneda.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: MON-PO-0105/2014-CSA.

Denunciada: Milucho Obras y Construcciones.

Acto de notificación: resolución.