Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 16 de abril de 2015 Páx. 14685

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 16 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2014086AL-OU incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 13 de febreiro de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense ditou resolución do expediente sancionador 2014086AL-OU incoado a Matadero de Jarrio, S.L., CIF B27417468, ou, por cambio de denominación, a Industrias Cárnicas de Viveiro, S.L., CIF B27340645, con enderezo en San Martiño, s/n (Galdo) Viveiro (Lugo).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Matadero de Jarrio, S.L. ou, por cambio de denominación, a Industrias Cárnicas de Viveiro, S.L., o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, de Ourense, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de quince (15) días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina Abanca, e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario pondrá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 16 de marzo de 2015

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2014086AL-OU.

Interesada: Matadero de Jarrio, S.L ou Industrias Cárnicas de Viveiro, S.L.

DNI/NIF/CIF: B27417468 ou B27340645.

Último enderezo coñecido: San Martiño, s/n (Galdo) Viveiro (Lugo).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Regulamento (CE) nº 852/2004, do 29 de abril.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: catrocentos euros (400,00 €).