Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 16 de abril de 2015 Páx. 14725

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 25 de marzo de 2015, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes VP-C 73/14 e VP-C 92/14.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.5 e 61, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas na Coruña.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 25 de marzo de 2015

Luis G. Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: VP-C 73/14.

Denunciada: Dolores González Gil.

Expediente: VP-C 92/14.

Denunciado: Andrés Caaveiro Caaveiro.

Acto notificado: resolución do procedemento sancionador en materia de vivenda.