Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 16 de abril de 2015 Páx. 14683

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2015, da XefaturaTerritorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Mezquita (expediente IN407A 2015/14-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: recuamento LMT Viaduto Vilavella.

Situación: A Mezquita.

Características técnicas:

LMT aérea a 20 kV de 471 m con condutor LA 56/54,6 mm2 e con orixe na LMT A Mezquita-1 e remate na LMT particular a Cuarzos Granulados, S.L. (expediente 2004/080). LMT aérea a 20 kV de 19 m con condutor LA 56/54,2 mm2 con orixe na LMT proxectada ao CT particular Granulados Cuarzo, S.L. e remate no CT aéreo existente estación Vilavella (expediente 2013/38).

Orzamento: 22.100,23 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 19 de marzo de 2015

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense