Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 16 de abril de 2015 Páx. 14706

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

ANUNCIO do 24 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción na orde social 23/2013.

De conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona a resolución no expediente sancionador por infracción da orde social (materia obstrución), devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecida a súa destinataria.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpor recurso de alzada, ante a directora xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido nos artigos 48 e 115.1 da Lei 30/1992, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

A interesada durante este prazo poderá presentarse perante o Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar en Lugo, situado na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución.

Advírteselle que, de non ser interposto o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Lugo, 24 de marzo de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Empresa

Enderezo

NIF

Expediente

Preceptos

Data da resolución

Infrinxidos

Sancionadores

Mapa Transportes Lucenses, S.L.

Rúa da Agricultura, 57, Polígono do Ceao, Lugo

B27411743

23/2013

Artigo 11.1 da Lei 42/1997, do 14 de novembro, ordenadora da Inspección de Traballo e Seguridade Social

Artigo 50.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social

5 de marzo de 2015