Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 16 de abril de 2015 Páx. 14691

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2015 pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto, documentalmente simplificado, dun seguro de accidentes, de responsabilidade civil e de asistencia na viaxe para as actividades que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado (expediente 13/2015).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, sita no Edificio Administrativo de San Lázaro, 3º andar, Santiago de Compostela (CP 15781), fax: 881 99 96 67; para información de índole administrativa no teléfono 981 54 48 53 e para información de índole técnica no teléfono 981 54 49 26.

2º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22389

d) Data límite da obtención da documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

e) Nº de expediente: 13/2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato privado.

b) Descrición: garantir as condicións de seguridade e asistencia e a responsabilidade civil das actividades que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

c) Prazo de execución: das 00.00 horas do día 1 de xullo de 2015 ás 24.00 horas do día 30 de xuño de 2016.

d) Admisión de prórroga: si.

e) CPA: 65.12.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: o único criterio que se considerará será o prezo.

4. Orzamento base de licitación: sesenta mil euros (60.000 €).

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Traballo e Benestar, Edificio Administrativo de San Lázaro, 15781 Santiago de Compostela. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (881 99 96 67) ou telegrama, no mesmo día. A presentación das proposicións en lugar distinto do sinalado será causa de rexeitamento ou exclusión.

c) Admisión de variantes: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura de ofertas:

a) Dirección: Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n.

b) Localidade: Santiago de Compostela.

c) Data: décimo día hábil seguinte ao do remate do prazo de presentación de ofertas; no caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos de publicidade: o importe deste anuncio será por conta do/s adxudicatario/s do contrato.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2015

P.D. (Artigo 1 da Orde do 19.8.2009)
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar