Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 16 de abril de 2015 Páx. 14719

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo, non suxeito a regulación harmonizada, de promoción do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) nos centros educativos e feiras de ensino para o curso 2015/16.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es .

d) Data de publicación no perfil do contratante: 9 de decembro de 2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo non suxeito a regulación harmonizada de promoción do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG), integrado na Axencia Turismo de Galicia, nos centros educativos e feiras de ensino para o curso 2015/16.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación: 41.322,31 euros, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 26 de febreiro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 3 de marzo de 2015.

c) Adxudicataria: Red Carpe Diem Ibérica, S.L.

d) Importe de adxudicación: 39.900,00 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia