Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 16 de abril de 2015 Páx. 14739

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comandancia da Garda Civil de Ourense

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2015, da Garda Civil de Ourense, pola que se anuncia poxa de armas.

De conformidade co artigo 165 do vixente Regulamento de armas, ás 10.00 horas do día 11 de maio de 2015, polo procedemento de prego pechado, na Comandancia da Garda Civil de Ourense; rúa Bieito Amado, 17, procederase ao alleamento en poxa pública de 496 armas (escopetas, rifles, carabinas, pistolas e revólveres).

As ditas armas exporanse ao público na citada comandancia, desde o día 4 ao 8 de maio, das 9.00 ás 13.00 horas.

Ourense, 24 de marzo de 2015

Manuel Javier Novo Colldefors
Tenente coronel xefe