Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 17 de abril de 2015 Páx. 14876

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 27 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2015030TA-LU por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 18 de febreiro de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2015030TA-LU incoado a João Carlos Pereira da Silva.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a João Carlos Pereira da Silva o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Montevideo, nº 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 27 de marzo de 2015

Patricia Daporta Padín
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2015030TA-LU.

Denunciado: João Carlos Pereira da Silva.

NIE: X7391557R.

Último enderezo coñecido: rúa Diego Pazos, 57, 27600 Sarria.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigos 7.u) e 19.3.b) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, modificada pola Lei 42/2010, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.

Tipificación provisional: grave.

Sanción proposta: dous mil catrocentos euros (2.400,00 €).