Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 17 de abril de 2015 Páx. 14865

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 25 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente LU-RES 2014/050 e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados polo xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e pola instrutora do procedemento sancionador.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.

Lugo, 25 de marzo de 2015

P.S. (Resolución do 17 de xuño de 2014)
Marco Antonio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Contratación e Apoio Administrativo

ANEXO

Expediente: LU-RES 2014/050.

Interesado: Leon Ionel Bogdan.

Acto notificado: resolución do procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2014/201.

Interesado: Cristian Tintar.

Acto notificado: proposta de resolución do procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2014/202.

Interesado: Víctor M. de Jesús Oliveira.

Acto notificado: proposta de resolución do procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2015/023.

Interesado: Durac Marius.

Acto notificado: acordo de inicio do procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2015/043.

Interesado: Strugurel Marius State.

Acto notificado: acordo de inicio do procedemento sancionador.