Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 17 de abril de 2015 Páx. 14933

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Notaría de Julián Rodicio Rodicio (Porto do Son)

EDICTO de tramitación de acta para inscrición de exceso de cabida (protocolo 354/2014).

Eu, Julián Rodicio Rodicio, notario do Ilustre Colexio de Galicia, con residencia en Porto do Son, fago saber que na miña notaría, sita na rúa Gudela nº 1, entreplanta B, 15970 Porto do Son (A Coruña), estase a tramitar acta de notoriedade (protocolo 354/2014, do 24 de decembro) para inscrición de exceso de cabida sobre o predio 8.926 do Rexistro da Propiedade de Noia, que actualmente se corresponde cos números 2, 4 e 6 da rúa Laxieles, na vila e municipio de Porto do Son (referencias catastrais 0105110NH0300N0001HU; 0105111NH0300N0001WU; e 01511NH0300N0001AU). Titular rexistral e requirente: José Segade Calo e Francisca Sobrado Calo.

O predio linda: norte, coa rúa Laxieles, pola que ten as súas entradas; sur, de Ángel Vidal Sieira (hoxe Ángel Vidal Paz); leste, co número 8 da rúa Laxieles de Antonio Pardavila Triñanes; e oeste, co número 28 da rúa da Igrexa de Rosa-María Ventoso Fernández.

A superficie inscrita alcanza 246,00 metros cadrados, e a superficie real comprobada é de 412,49 metros cadrados, existindo, por tanto, un exceso de cabida non inscrito de 166,49 metros cadrados.

O que se pon en coñecemento de calquera persoa que entenda que pode verse lesionada nos seus dereitos, co fin de que no prazo de vinte días hábiles contados desde a data da presente publicación poida comparecer na miña notaría co fin de realizar as alegacións oportunas, nos termos establecidos nos artigos 200, 201 e 203 da Lei hipotecaria, concordantes do seu regulamento, artigo 53.1 da Lei do 30 de decembro de 1996, e 209 do Regulamento notarial.

Porto do Son, 26 de marzo de 2015

Julián Rodicio Rodicio
Notario de Porto do Son