Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 17 de abril de 2015 Páx. 14894

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da subministración e instalación de dous vans de radioenlace dixital bidireccionais de alta capacidade para dotar o novo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE 112 Galicia) de conectividade contra a rede de comunicacións da Xunta de Galicia, cofinanciado nun 80 por cento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, prioridade 53.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21726

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante a través da páxina web:

http://www.axega112.org

d) Número de expediente: AXGE.14.SU.028.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministracións.

b) Descrición: a subministración, instalación e posta en servizo de dous vans de radioenlace dixitais bidireccionais de alta capacidade e os seus correspondentes sistemas de enerxía en corrente continua.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: documentalmente simplificada e ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 83.000 €; importe total: 100.430 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 5 de marzo de 2015.

b) Data de formalización: 27 de marzo de 2015.

c) Adxudicataria: Gallega de Sistemas y Telecomunicaciones, S.L. (GST).

d) Importe de adxudicación: importe neto: 73.034,46 €; importe total: 88.371,70 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2015

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias