Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx. 15094

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 27 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se notifica o acordo de iniciación de expediente de reintegro da subvención concedida no expediente TR352A 2010/801-0.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, pola presente cédula notifícaselle á entidade relacionada no anexo o acordo de iniciación de expediente de reintegro da subvención concedida mediante resolución do director xeral de Promoción do Emprego de data 9 de agosto de 2010.

Faise saber que o interesado disporá dun prazo de 15 días para que alegue ou presente os documentos que estime pertinentes, de acordo co disposto no artigo 77 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Recórdaselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n en Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da mencionada Lei 30/1992.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2015

Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación

ANEXO

Entidade: Asociación de Empresarios de Arcade-Soutomaior.

Enderezo: avenida Castelao, nº 47, Arcade 36690 Soutomaior (Pontevedra).

Nº de expediente: TR352A 2010/801-0.

Data do acordo de iniciación do expediente de reintegro: 10 de novembro de 2014.

Preceptos incumpridos: artigo 9.2 da Orde do 10 de marzo de 2010, pola que se establecen as bases que regulan para o exercicio do ano 2010, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria para o ano 2010 (DOG núm. 54, do 22 de marzo); artigo 33.1.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade a reintegrar: 20.146,86 €.