Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx. 15173

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 6 de abril de 2015, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifican as propostas de resolucións do expediente sancionador OU-S-79/2014 e catro máis, por infraccións en materia de turismo.

Pola presente, e de conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro) notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan as propostas de resolucións dos expedientes sancionadores OU-S-79/2014, OU-S-85/2014, OU-S-86/2014, OU-S-90/2014 e OU-S-99/2014, xa que, intentada polos medios habituais, non se puideron practicar.

Os interesados poderán recoller as propostas de resolución, así como acceder aos correspondentes expedientes, mediante comparecencia nas dependencias desta Área Provincial, sita na rúa Curros Enríquez, 1-3º andar de Ourense.

De acordo co artigo 19.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, contra a presente proposta de resolución poderá, no prazo de 15 días contados desde a súa notificación, formular alegacións e presentar os documentos e informacións que considere conveniente, ante a instrutora do procedemento.

Ourense, 6 de abril de 2015

Antonio Aguaron Turrientes
Xefe da Área Provincial de Turismo

ANEXO

Expediente: OU-S-79/2014.

Titular sancionado: Rafael García Rodríguez.

Establecemento: café bar Cogumelo.

Domicilio: rúa Lepanto, 3.

Localidade: Ourense.

Proposta de resolución: 9 de marzo de 2015.

Tipificación da infracción: artigos 109.2.b) e 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción proposta: 400 €.

Expediente: OU-S-85/2014.

Titular sancionado: Luis González Simoes.

Establecemento: café bar Barcelona.

Domicilio: rúa Lepanto, 22.

Localidade: Ourense.

Proposta de resolución: 13 de marzo de 2015.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.f) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción proposta: 300 €.

Expediente: OU-S-86/2014.

Titular sancionado: Ricardo Manuel Gutiérrez Durán.

Establecemento: pub Underground.

Domicilio: praza das Mercedes, 14.

Localidade: Ourense.

Proposta de resolución: 13 de marzo de 2015.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción proposta: 300 €.

Expediente: OU-S-90/2014.

Titular sancionado: El Rancho, S.C.

Establecemento: club El Rancho.

Domicilio: estrada nacional, 532, km 11.

Localidade: Verín.

Proposta de resolución: 16 de marzo de 2015.

Tipificación da infracción: artigos 109.2.a) e 109.2.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sanción proposta: 400 €.

Expediente: OU-S-99/2014.

Titular sancionado: Noiza Alves da Rocha.

Establecemento: café bar Europa.

Domicilio: avenida de Portugal, 93, Feces de Abaixo.

Localidade: Verín.

Proposta de resolución: 23 de marzo de 2015.

Tipificación da infracción: artigos 109.2.b) e 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, deturismo de Galicia.

Sanción proposta: 400 €.