Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx. 15181

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de reforma interior APR PB5-01, conexión avenida da Mahía-rúa da Rosaleda (II) do Plan xeral de ordenación municipal.

En sesión plenaria do 26 de febreiro de 2015 prestouse aprobación definitiva ao documento refundido do Plan especial de reforma interior, de iniciativa particular, correspondente ao ámbito do solo urbano non consolidado APR P.B5-01, conexión avenida da Mahía-rúa da Rosaleda (II) do PXOM de Ames, redactado por Crecente y Fuertes Arquitectos, S.L.P.

En cumprimento do previsto no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, publícase o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, que se remitiu á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia con data do 5 de marzo de 2015.

O Plan especial de reforma interior é unha disposición xeral, polo que contra el se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta disposición.

Na mesma sesión plenaria prestouse aprobación á modificación do sistema de actuación, logo da tramitación legalmente prevista, en relación co Plan especial de reforma interior aprobado definitivamente, que pasa de compensación ao sistema de concerto.

Na mesma sesión plenaria prestouse conformidade á proposta de convenio urbanístico do 14 de xuño de 2013, tras a tramitación legalmente prevista.

Ames, 17 de marzo de 2015

Santiago V. Amor Barreiro
Alcalde