Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 21 de abril de 2015 Páx. 15238

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 23 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2015103TA-PO, por infracción en materia sanitaria.

O 2 de marzo de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador núm. 2015103TA-PO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Hostelería Hot, S.L., con CIF B36988905, como titular do establecemento Mamba Negra.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non puido practicarse, polo que mediante esta cédula se lle notifica a Hostelería Hot, S.L. o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no número 5 do referido artigo, para que teña coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no numero 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, núm. 43, 1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 23 de marzo de 2015

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2015103TA-PO.

Denunciada: Hostelería Hot, S.L., con CIF B36988905, como titular do establecemento Mamba Negra.

Último enderezo coñecido: avda. de Castrelos, núm. 213, 36210 Vigo (Pontevedra).

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Artigo 7) «Prohíbese fumar,..., en: u) Bares, restaurantes e demais establecementos de restauración pechados».

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como grave no artigo 19.3.b) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Sanción proposta: seiscentos un euros (601 €).