Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 21 de abril de 2015 Páx. 15250

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 26 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador RL 2007/0323-4, incoado por infracción administrativa na orde social.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio da presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador correspondente.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar a resolución nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Traballo e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Expediente: RL 2007/0323-4.

Acta: 453/2007.

Empresa: Montajes Cemetal, S.A.L.

DNI/NIF: A27194984.

Enderezo: Álvaro Cunqueiro, 22, entresollado C, Foz (Lugo).

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 15.1.a), h) e i) da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, en relación co previsto no anexo IV, parte C, punto 12, letra b) en relación co disposto no artigo 11.c) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.16.f), 39.3.a), c), e) e 40.2.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 17.3.2015.

Resolución: deixar sen efecto a acta de infracción e proceder ao arquivamento do expediente.

Fáiselle saber aos interesados que poden formular recurso de alzada perante a directora xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Vigo, 26 de marzo de 2015

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo