Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 21 de abril de 2015 Páx. 15242

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo do servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria de dinamización demográfica de Galicia (expediente 125/2014).

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a seguir:

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria de dinamización demográfica de Galicia.

c) Tipo de fondo: fondos propios dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para a anualidade 2015.

3. Tramitación e procedemento: ordinario e aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación: catrocentos noventa e cinco mil oitocentos sesenta e sete euros con setenta e sete céntimos (495.867,77 €) ao cal se lle engaden cento catro mil cento trinta e dous euros con vinte e tres céntimos (104.132,23 €) que corresponden ao 21 % de IVE, o que supón un orzamento total de seiscentos mil euros (600.000,00 €).

5. Adxudicación:

a) Data: 5 de marzo de 2015.

b) Contratista: Imaxe Intermedia, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: catrocentos oitenta mil oitenta e dous euros con cincuenta e un céntimos (480.082,51 €) ao cal se lle engaden cen mil oitocentos dezasete euros con trinta e tres céntimos (100.817,33 €) que corresponden ao 21 % de IVE, o que supón un orzamento total de cincocentos oitenta mil oitocentos noventa e nove euros con oitenta e catro céntimos (580.899,84 €).

6. Formalización: 30 de marzo de 2015.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2015

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar