Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 21 de abril de 2015 Páx. 15296

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2015 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto multicriterio, da contratación dun servizo de cátering no Centro de Emerxencia para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero (Cemvi).

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Número de expediente: CGSIB/001/15/SE/CEMVI.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: servizo de cátering no Centro de Emerxencia para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero, dependente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

a) Lugar de execución: Vigo.

b) Prazo de execución: 24 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 142.934 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: si (5 % do orzamento da adxudicación, IVE excluído).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: rúa Amor Ruibal, nº 30, 32, baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Teléfono de información: 981 56 87 05.

e) Telefax: 981 56 88 53.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http//www.igualdadebenestar.org

7. Requisitos específicos do/a contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares e no cadro de especificacións.

c) Solvencia técnica: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares e no cadro de especificacións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se coincide en sábado ou festivo, pasará ás 14.00 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que se ten que presentar: a que figura na cláusula 6ª do prego de cláusulas administrativas particulares e na letra R da folla de especificacións; deberá figurar no exterior dos sobres o CIF de quen licita. No caso de tratarse de persoas inscritas no Rexistro de Contratistas, indicarase o número de rexistro no exterior do sobre.

c) Lugar de presentación:

1) Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

2) Domicilio: rúa Amor Ruibal, nº 30, 32, baixo.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Prazo durante o cal a persoa que licita estará obrigada a manter a súa oferta: véxase o prego.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: rúa Amor Ruibal, nº 30, 32, baixo.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

Data: a apertura en acto público do sobre B terá lugar na sala de xuntas do Consorcio o 13 de maio de 2015, ás 10.00 horas, e do sobre C na data e na hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou por calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil do contratante con dous días hábiles de antelación ao da súa realización.

10. Outras informacións.

– Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Criterios de valoración: os que se enumeran coas súas valoracións nos pregos e no perfil do contratante.

– Apertura dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizarase con anterioridade á apertura e valoración do sobre C. No caso de que a apertura do sobre C se atrase, farase pública a nova data mediante notificación por fax aos licitadores presentados e no perfil do contratante.

11. Gastos dos anuncios: os anuncios desta licitación serán por conta da persoa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2015

P.D. (Comité directivo do 6.3.2015; DOG do 17 de marzo)
Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar