Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 21 de abril de 2015 Páx. 15218

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (585/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 585/2012, por instancia de Agustín Fondevila Reboredo contra a empresa Transportes Riazor, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 16 de marzo de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Agustín Fondevila Reboredo contra a entidade Transportes Riazor, S.L. con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Transportes Riazor, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de catro mil seiscentos dezanove euros con trinta e oito céntimos (4.619,38 euros), cantidade que devindicará os xuros moratorios correspondentes.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colegiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Transportes Riazor, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 27 de marzo de 2015

A secretaria xudicial