Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras.
Denominación: entroncamento servizos auxiliares da subestación eléctrica de Xove coas instalacións de Begasa en Sumoas.
Situación: concello de Xove.
Características técnicas:
1. Instalación dun apoio metálico tipo C-3000-14-C4-CA e tendido de 102 metros de condutor LA-56. No apoio instalado realízase un paso aéreo a subterráneo para alimentar o novo CTC.
2. Liña de media tensión subterránea con orixe no paso aéreo a subterráneo e final no CTC proxectado, cunha lonxitude de 36 metros en condutor tipo RHZ-150.
3. Centro de transformación cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 50 kVA no cal se instalan tres celas. Esta zona é propiedade de Begasa e outra zona diferenciada é propiedade de REE, que se autorizara noutro proxecto.
4. Rede de baixa tensión con orixe no CTC proxectado e final nas RBT existentes.
Prevese a desmontaxe da LMT aérea ao CTI Sumoas, o CTI Samoas e a súa caseta e a desmontaxe de 160 metros de condutor RZ.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.
Lugo, 30 de marzo de 2015
P.A. (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Álvaro Rodríguez Vázquez
Xefe do Servizo de Administración Industrial
