Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 22 de abril de 2015 Páx. 15312

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Medio Rural e do Mar

DECRETO 56/2015, do 9 de abril, polo que se dispón o cesamento dun vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

O Consello de Administración é o órgano superior colexiado de dirección do ente público Portos de Galicia, tal e como se dispón no artigo 10 do Regulamento do ente aprobado polo Decreto 227/1995, do 20 de xullo, no citado artigo sinálase a composición do Consello de Administración, así como a forma de nomeamento e cesamento dos seus vogais, sendo todos eles nomeados polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta do presidente do ente público Portos de Galicia, agás os representantes da Administración autonómica, que serán nomeados por proposta dos respectivos conselleiros.

O artigo 10 do Regulamento no seu número 8 sinala que os vogais representantes dos sectores económicos relacionados coas actividades portuarias, das administracións locais e do persoal representante do ente público agás as causas de cesamento que nel se consignan, desempeñarán o seu cargo durante catro anos. Así mesmo, o citado artigo 10 dispón no seu número 10 que os vogais representantes das administracións locais e dos sectores económicos relacionados coas actividades portuarias se renovarán por metades cada dous anos e poderán ser reelixidos unha soa vez ao finalizaren o seu mandato.

Considerando que parte dos vogais do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia esgotaron o seu mandato, e recibida proposta de cesamento e novo nomeamento de vogal representante da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra en representación dos sectores económicos relacionados coas actividades portuarias no Consello de Administración do ente público, por proposta da conselleira do Medio Rural e do Mar, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día nove de abril de dous mil quince,

DISPOÑO:

Artigo único

O cesamento como vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra, agradecéndolle os servizos prestados:

– José Antonio Gómez Castro.

Santiago de Compostela, nove de abril de dous mil quince

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar