Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 24 de abril de 2015 Páx. 15743

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 31 de marzo de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente PO-RES-2014-042.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta secretaría xeral, sita no Edificio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, código postal 15781, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO

Expediente: PO-RES-2014-042.

Interesado: Javier Rodríguez Míguez.

Acto notificado: resolución.