Notifícase, de conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao interesado o trámite de audiencia do expediente de reclamación eléctrica que se relaciona no anexo, ao ser devolto polo servizo de Correos a notificación enviada no seu día.
O interesado dispón dun prazo de quince días a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto para presentar ante a xefatura territorial a documentación requirida.
O expediente relacionado a seguir atópase á disposición do interesado na citada Xefatura Territorial de Ourense, rúa Curros Enríquez, 1, 4º.
Ourense, 10 de abril de 2015
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
|
Nº de expediente |
Interesado |
DNI/NIF |
Domicilio |
|
IN635A 2014/135-3 |
Manuel González González |
44488643-L |
Rúa Zanfona, 9, Camelias, Ourense |
