Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 24 de abril de 2015 Páx. 15733

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 227/14).

Eu, Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 227/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Álvaro González García contra Distribuidora do Mar Galego e Inversións, S.L. sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Acordo: ter por rematado o presente procedemento de execución seguido por instancia de Álvaro González García contra Distribuidora do Mar Galego e Inversións, S.L.

Arquívese o presente procedemento e déase de baixa nos libros correspondentes».

E para que sirva de notificación en legal forma a Distribuidora do Mar Galego e Inversións, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 31 de marzo de 2015

A secretaria xudicial