1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.
c) Número de expediente: 30/2015.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: subministración de dous sistemas de almacenamento de backup en disco con capacidades VTL (virtual tape library), dous armarios ignífugos e un baúl con maletíns para o traslado de cintas de backup para a Xunta de Galicia.
b) División por lotes e número: non.
c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de entrega da subministración obxecto do presente contrato será de 3 meses desde a data de formalización do contrato.
d) Admisión de prórroga: non.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 342.975,21 €, máis 72.024,79 € en concepto de IVE (21 %), o que supón un total de 415.000,00 €, que se distribúe por lotes como segue:
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención da documentación e da información:
a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dirección: Monte Gaiás, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
d) Teléfono: 981 54 52 86.
e) Fax: 981 54 52 74.
f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22393
g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia e clasificación: véxase a epígrafe N) do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 1.6.2015, de acordo o establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Entidade: Rexistro da Amtega.
2º. Dirección: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura das ofertas: o lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.
10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na epígrafe K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.
12. Data de envío ao DOUE: 20.4.2015.
Santiago de Compostela, 20 de abril de 2015
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia