Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 24 de abril de 2015 Páx. 15814

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2015 pola que se fai pública a formalización dun contrato cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 77.

missing image file

Para os efectos dispostos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o establecido nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006, do 8 de decembro, da Comisión, e no artigo 1, números 1) e 2), do Regulamento (CE) 846/2009, do 1 de setembro, da Comisión, a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acordou publicar a formalización do seguinte contrato, financiado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 77.

Nº de expediente: CGSIB/002/14/SU/EI/Feder.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio, tramitación ordinaria e anticipada de gasto.

Denominación do concurso público: subministración de diverso mobiliario e material didáctico para as escolas infantís de Touro, Malpica de Bergantiños, Tomiño, Oroso e Boiro.

– Lote 1: lote 1 (Escola Infantil de Touro):

Importe de adxudicación: 19.850,27 €, IVE incluído.

Adxudicataria: Total Ekip, S.L.

Data de formalización do contrato: 3.3.2015.

– Lote 2 (Escola Infantil de Malpica de Bergantiños):

Importe de adxudicación: 32.657,21 €, IVE incluído.

Adxudicataria: Total Ekip, S.L.

Data de formalización do contrato: 3.3.2015.

– Lote 3 (Escola Infantil de Oroso):

Importe de adxudicación: 31.410,78 €, IVE incluído.

Adxudicataria: Total Ekip, S.L.

Data de formalización do contrato: 3.3.2015.

– Lote 4 (Escola Infantil de Boiro):

Importe de adxudicación: 31.410,78 €, IVE incluído.

Adxudicataria: Total Ekip, S.L.

Data de formalización do contrato: 3.3.2015.

– Lote 5 (Escola Infantil de Tomiño):

Importe de adxudicación: 46.092,38 €, IVE incluído.

Adxudicataria: Total Ekip, S.L.

Data de formalización do contrato: 3.3.2015.

Vantaxes da oferta da adxudicataria dos contratos: a oferta técnica presentada axústase ás especificacións técnicas establecidas nos pregos reitores da licitación e a súa oferta económica está situada entre as mellores.

Para máis información, consultar a páxina web www.igualdadebenestar.org, na epígrafe de perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2015

Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar