Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 24 de abril de 2015 Páx. 15795

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2015 pola que se anuncia a contratación do servizo para a evolución e actualización continua do Sistema de información contable e orzamentario (Xumco2).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Cixtec.

2º. Enderezo: rúa Domingo Fontán 9.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

4º. Teléfono: 981 54 13 37.

5º. Telefax: 981 54 12 70.

6º. Correo electrónico: contratacion.rexistro@cixtec.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 2015-023.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo para a evolución e actualización continua do sistema de información contable e orzamentario (Xumco2).

c) Lugar de execución: os traballos realizaranse nos locais habilitados polo adxudicatario.

d) Prazo de execución: 24 meses desde a formalización do contrato.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 72212000-4.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os estipulados no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato.

Importe: 611.570,25 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 611.570,25 euros. Importe total: 740.000 euros, distribuído nas seguintes anualidades:

Exercicio 2015: 170.000 euros, IVE incluído.

Exercicio 2016: 380.000 euros, IVE incluído.

Exercicio 2017: 190.000 euros, IVE incluído.

6. Garantías exixidas.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Empresas españolas.

Clasificación: grupo V, subgrupo 2, categoría C e concreción dos criterios de solvencia.

b) Empresas estranxeiras.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación de ofertas:

1º. Ofertas presentadas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex): o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do día 13 de maio de 2015.

2º. Ofertas presentadas en sobre pechado: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do día 13 de maio de 2015.

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Documentación presentada a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex). Enderezo electrónico: www.conselleriadefacenda.es/silex

2º. Documentación presentada en sobre pechado:

Dependencia: Rexistro Xeral do Cixtec.

Enderezo: rúa Domingo Fontán nº 9.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: a data e hora das mesas de contratación de apertura de criterios cuantificables mediante xuízo de valor e de criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas serán publicadas oportunamente no perfil do contratante e comunicaranse aos licitadores.

b) Enderezo: rúa Domingo Fontán nº 9.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

10. Gastos de publicidade: os gastos de anuncios correrán por conta do adxudicatario e serán, como máximo, de 10,82 € por liña publicada no DOG e 12,932576 euros por liña publicada no BOE.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 14 de abril de 2015.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2015

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable