1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Instituto Galego de Consumo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do Instituto Galego de Consumo.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Asuntos Xerais.
2º. Enderezo: avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 1-5, baixo.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.
4º. Teléfono: 981 54 53 91.
5º. Telefax: 981 54 45 98.
6º. Correo electrónico: igc.xerencia@xunta.es
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: http://igc.xunta.es
8º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día do prazo de presentación de proposicións.
d) Número de expediente: 05/2015 IGC.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: de servizos.
b) Descrición: servizo de vixilancia e seguridade para as dependencias do Instituto Galego de Consumo en Santiago de Compostela.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.
d) Lugar de execución/entrega: Instituto Galego de Consumo, Santiago de Compostela (A Coruña).
e) Prazo de execución/entrega: desde a súa sinatura (prevista para o 16 de maio de 2015) ata o 31 de decembro de 2015.
f) Admisión de prórroga: non.
g) Establecemento dun acordo marco: non.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto.
c) Poxa electrónica: non.
d) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).
4. Valor estimado do contrato: 15.697,50 euros.
5. Orzamento mensual base de licitación:
a) Importe mensual neto 2.093 euros (IVE excluído). IVE: 439,53 euros. Importe mensual total 2.532,53 euros.
6. Garantías exixidas:
Provisional: non se exixe.
Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: deberá acreditarse nos termos especificados nas cláusulas E, F e G da folla de especificacións do PCAP.
c) Outros requisitos específicos: non.
d) Contratos reservados: non.
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: quince días naturais, que se contarán desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).
b) Modalidade de presentación: segundo o disposto na cláusula R da folla de especificacións e na cláusula 6, ambas do PCAP.
c) Lugar de presentación:
1. Dependencia: oficina do Rexistro da Xerencia do Instituto Galego de Consumo.
2. Enderezo: avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 1-5, baixo.
3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.
4. Enderezo electrónico: igc.xerencia@xunta.es
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: durante os prazos sinalados nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP).
9. Apertura de ofertas (sobres A, B e C).
a) Descrición:
Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa pola mesa de contratación.
Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación técnica relativa a aspectos cualitativos, é dicir, non cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.
Apertura dos sobres C: apertura en acto público da documentación económica e técnica relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.
b) Enderezo: avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 1-5.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.
d) Data e hora: indicaranse no perfil do contratante a data e a hora da apertura dos sobres B e dos sobres C.
10. Gastos de publicidade: 5,42 euros por liña, IVE incluído; serán por conta do adxudicatario.
11. Outras informacións:
a) Poden obterse os pregos na páxina:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22392
Santiago de Compostela, 8 de abril de 2015
Sol María Vázquez Abeal
Presidenta do Instituto Galego de Consumo