De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado polo secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta secretaría xeral, sita no edificio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas; San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, código postal 15781, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación.
Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2015
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
ANEXO
Expediente: SC-IPPC-07-2014.
Interesada: Recoge Galicia de Gestión, S.L.
Acto notificado: resolución.