De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedimento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada dúas (2) veces a notificación persoal, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto obxecto de notificación foi adoptado polo xefe territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do plazo fixado.
Lugo, 30 de marzo de 2015
Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: LU-RES 2015/050.
Interesado: Ángel Marin.
Acto notificado: acordo de inicio do procedemento sancionador.