Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 27 de abril de 2015 Páx. 16027

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da subministración de vestiario e calzado de traballo para o persoal laboral (capataz de establecemento, vixiante de recursos naturais e peón forestal) adscrito á Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 41/2014 SXT.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21585

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de vestiario e calzado de traballo para o persoal laboral (capataz de establecemento, vixiante de recursos naturais e peón forestal) adscrito á Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 18100000-0 e 1880000-7.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 96.400,00 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 96.400,00 €. Importe total: 116.644,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 7 de abril de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 15 de abril de 2015.

c) Adxudicatario: Confecciones Oroel, S.A.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 87.212,00 €. Importe total con IVE: 105.526,52 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil de contratante.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2015

P.D. (Orde do 15.3.2012; DOG núm. 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas