Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante a Orde do 13 de marzo de 2015 (DOG núm. 57, do 25 de marzo), e de conformidade co establecido no artigo 29.2 do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobada polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, e no artigo 16 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do referido regulamento, esta consellería
RESOLVE:
Primeiro. Adxudicarlle o destino no posto de traballo que se indica á persoa funcionaria que se relaciona no anexo desta orde.
Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para tomar posesión no novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatorio/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.
Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa a persoa funcionaria, así como a daquel en que obteña praza, realizará, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se lle dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.
Contra esta orde, que lle pon fin a vía administrativa, poderase formular recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 15 de abril de 2015
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria
ANEXO
Apelidos e nome: Mª del Carmen Saenz de Cenzano Lousa.
NRP ou DNI: 4691419568 A2060.
Subgrupo: A1.
Corpo ou escala: superior da Administración da Xunta de Galicia.
Posto de traballo: Xefatura do Servizo Técnico-Xurídico.
Código do posto: ED.301.00.000.15770.031.
Nivel: 28.
Centro directivo: Secretaría Xeral de Cultura.
Localidade: Santiago de Compostela.