De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a proposta dos expedientes PSC-CO-0669/2014-PPM e PSC-CO-0688/2014-PPM.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.
Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio, para formularen as alegacións e presentaren os documentos e informacións que xulguen oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.
A Coruña, 30 de marzo de 2015
Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: PSC-CO-0669/2014-PPM.
Persoa interesada: Juan José Domínguez García.
Acto de notificación: proposta de resolución.
Último enderezo coñecido: avenida de Vilaboa, 197 baixo, Culleredo.
Expediente: PSC-CO-0688/2014-PPM.
Persoa interesada: Fernando J. Melero Sabugueiro.
Acto de notificación: proposta de resolución.
Último enderezo coñecido: Beiramar, 2-5º, Perillo-Oleiros.